Atopeime nun claro alimentando as miñas teimas De que na sombra dos arboriños Se esconderan mouras e bestas Levantei o meu corpiño como puiden Coa maior présa Mais as bágoas daquelas meigas Xa tocaban as miñas pernas E sentín a vibra verde De cores celestes meterse en min O laranxa do outono comeume por dentro E xa non quixen fuxir Convertinme en parte daquel bosque Dos seus seres do seu olor E o meu camiño a ti veuse interrompido polo verdadeiro amor Camiñar camiñei No camiño o que quería atopei O que era de verdade, a vida, os demos Na noite que non te quería xa Camiñar camiñei O meu camiño na vida parei Naquel bosque amor de verdade E sons de saudade na suas brañas atopei Sorprendinme cando o corvo Sabias palabras cantou O que tiña que facer só era eu ser Nutríndome do meu arredor E non me deixabas ser Os meus olliños tapabas con mel Mais agora son e son sen ti Mentras volves facer o camiño que borrei Pra non terte aquí máis Pra non chegar alí máis Pra que non me cegues cun mundo Que te inventas e dis que non hai máis Pra non verte abordar máis O mundo de mentira que fas Que lle ensinas a outras persoas Mentres bailan os demáis Camiñar camiñei No camiño o que quería atopei O que era de verdade, a vida, os demos Na noite que non te quería xa Camiñar camiñei O meu camiño na vida parei Naquel bosque amor de verdade E sons de saudade na suas brañas atopei