Cantando baixo unha árbore nova filla do outono Remataba de xurar vida ao pasto e morte ao fogo Vino agocharse con sixilo preparado pra levar con el a vida Arrepíos morren porén vou seguir Arrepíos corren por dentro de min Por dentro de min (de min, de min...) Arrepíos dormen tranquilos en min Arrepíos foxen dende min a ti Arrepíos foxen Queimei peciños inocentes Obedecendo unha alma culpable que me fixo malo As miñas lapas medraron e medraron E a tristeza fíxome sentir un frío seco Que roubaba auga de gorxas sedentas sen forza pra berrar Fixen ladrar, fixen ladrar dous lobiños Fíxenos ladrar pra os revelar Revelar madrigueiras de soidade Onde estaban todos escondidos de min, de min, de min Chamábanme fogo, chamábanme lume Enxendroume un diaño que nadiña sofre Escapade vacas, cabaliños, laras Non quero vivir queimando as vosas casas Arrepíos foxen dende min a ti Arrepíos bailan e mais vou seguir Mais eu vou seguir pra non deixalos vivir, vivir, vivir Arrepíos morren porén vou seguir Arrepíos corren por dentro de min Arrepíos xestan miñas bágoas E ogallá puidesen apagarme a min, a min, a min Xa non chove coma antes chovía O demiño é listo e as nubes secou Xa non encontro maneira de deixar de arder Son quen dá luciña, non quero facer morrer Son quen dá calor, non quero quitar de beber Aínda que non quixen, cada vrao seguín nascendo Prá festa da queima de voces inocentes Non desculpedes nunca aos que me plantan sen eu querer