Kishore Kumar Hits

Lontreira - Oniria lyrics

Artist: Lontreira

album: Apnea


Sinto con pingas sobre min mollándome
O frío dun mal vento que morre
Ao chegar onda min
Recorre dentro os restos do fin
Sinto en min o mesmo vento que corre
Levando restos pretos que morren
Ao chegar onda min e ver
Que xa non vou máis durmir
Entón flúe lento o que penso e non creo
Despois subindo polas escadas de oniria
Sen saber ben o que debería saber
Os demos brancos cantaron asubiando
Que non ía ser quen eu sempre quixera ser
Despois baixando polas escadas de oniria
Sabendo ben o que non debía saber
Seguían cantando os demos asubiando
Querían que asubiara eu tamén
Sinto con pingas sobre min que me esquivan
E bailan onda min melodías de xa libre sentir
Pensar, ideas posuír
Sinto que xa podo vivir e sentir
Nunha oniria real sae de min
O ser que libre canta ideas novas saen e din
Entón flúe lento o que penso e non creo
Despois subindo polas escadas de oniria
Sen saber ben o que debería saber
Os demos brancos cantaron asubiando
Que non ía ser quen eu sempre quixera ser
Despois baixando polas escadas de oniria
Sabendo ben o que non debía saber
Seguían cantando os demos asubiando
Querían que asubiara eu tamén

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists