Chegan os amenceres á noite Voltan as serpes que foxen E deixan estelas brancas e douradas Pegadas salgadas e marcas do tempo na ultramar Despois, un navío que baila Baila co aire do sur Balancea cabezas inquedas e navegantes Polo camiño das ondas de sal En busca dun peito con mar en calma Con brisa calada E descansan en portos errados En corazóns diluvio Afogan en palabras abisais Non soportan o reflexo da lúa Cando o sol marcha e anoitece Un patrón cormorán Dinos que o ceo está con nós Agarrádevos ás algas máis longas E tirade das nubes cara a vós Sentide a caricia das miñas ás E recordade o que viñades buscar Un peitiño en calma no que ao fin descansar