"Onde estou?", pregunteime cando o mar bicou meu pé Sen saber que todo o tempo estivera chorando alí Sons de cunchas, de paxaros que bican a miña pel Sons de bágoas que por ti nos oito soños derramei Xa non sei se quero ver algún deles arder Pois perdín o xuízo limpo do que en vida está ben As palabras que non falan verso limpo sen mentir E as promesas que me deches sen querer vinas fuxir (E apareceu a figura sen medo que creu que o meu ser se podía quedar) Espertei, nunha brisa dun mal soño escapei Sen saber que todo o rato estaba alí Á deriva dunha vida que olvidei Cos seus demos, as súas cousas, a durmir Nunha brisa dun mal soño escapei Sen saber que todo o rato estaba alí Á deriva dunha vida que olvidei Cos seus demos, as súas cousas, a durmir Foi ben certo que co medo non conseguiches fuxir Atrapáronte as prantiñas fillas do meu mal sentir E caíches no meu fondo cheo de sobrepensar As cousas que me dixeches que nunca ían a pasar E vas ti ver o que é vivir nunha confusión do ser Cando os corvos falan só hai sur e non podes volver Vou facerche promesas incumpridas, e ti non Poderás vir cumprilas a este mundo nunca non (E apareceu a figura sen medo que creu que o meu ser se podía quedar) Espertei, nunha brisa dun mal soño escapei Sen saber que todo o rato estaba alí Á deriva dunha vida que olvidei Cos seus demos, as súas cousas, a durmir Nunha brisa dun mal soño escapei Sen saber que todo o rato estaba alí Á deriva dunha vida que olvidei Cos seus demos, as súas cousas, a durmir Nunha brisa dun mal soño escapei Sen saber que todo o rato estaba alí Á deriva dunha vida que olvidei Cos seus demos, as súas cousas, a durmir Nunha brisa dun mal soño escapei Sen saber que todo o rato estaba alí Á deriva dunha vida que olvidei Cos seus demos, as súas cousas, a durmir