Kishore Kumar Hits

Los Limones - Ferrol (Galego) lyrics

Artist: Los Limones

album: Arriba Esas Gaitas


Vivo o lado do mar,
Nun pobo onde
Perder é o normal,
Os que puideron escapar
Xuraron non volver xamais.
Hoxe empezou a chover,
E todo vai seguir igual,
Igual de mal, igual de ben
¿E para que?, non teño prisa,
Non nacín para perder o meu tren.
As rias altas levaran
Os soños e a realidad,
Sera outro dia mais,
Simplemente un dia mais.
A fabrica pechuo,
As maquinas pararon
Secouse o suor.
A cabeza ben alta
Cando se ten valor,
Para andar pola vida
Como o mellor perdedor.
Que importan non,
Os bolsillos do pantalón
O que esta dentro se leva,
Se ten ou non.
A costa oeste mirara
Toda a vida cara o mar,
Aqui me encontraras,
Aqui teño meu lar.
Sei que aqui nacin
E aqui quero quedarme
Aqui esta meu lar,
Onde se acaba o mar.
Sigo unha tradicion,
Costumes que esta vez
Miña terra ensinuo
Vivir co misterio
De saber se veño ou vou
E ainda que teño claro
Só mostro indecision.
A confusion non é meu defecto
E hasta hoxe me entrego como
E cando quero só eu.
Ahora xa sabes como son,
Onde deixei meu corazon
Onde meu corazon, onde meu corazon.
Sei que aqui nacin
E aqui quero quedarme
Aqui esta meu lar,
Onde se acaba o mar.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists