Kishore Kumar Hits

García MC - Deitado frente ao Mar lyrics

Artist: García MC

album: Deitado frente ao Mar


Deitado frente ao mar...
Lingoa proletaria do meu pobo
Eu fáloa porque sí, porque quero,
Porque me gosta me peta e dame a gaña
Porque me sai de dentro, alá do fondo
Dunha tristura aceda que me abrangue
Ao ver tantos patufos desleigados,
Pequenos mequetrefes sin raíces
Que ao pór a garabata xa nan saben
Afirmarse no amor dos devanceiros,
Falar a fala nai,
A fala dos abós que temos mortos,
E ser, co rostro erguido,
Mariñeiros, labregos do lingoaxe,
Remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
E quero estar cos meus, coa xente miña,
Perto dos homes bos que sofren longo
Unha historia contada noutra lingoa.
E non falo pra os soberbios,
E non falo pra os ruís e poderosos,
E non falo pra os finchados,
E non falo pra os valeiros,
E non falo pra os estúpidos,
Non falo pra os soberbios,
Non falo pra os ruís e poderosos,
Non falo pra os finchados,
Non falo pra os valeiros,
Non falo pra os estúpidos,
Que falo pra os que agoantan rexamente
Mentiras e inxusticias de cotío;
Pra os que súan e choran
Un pranto cotidián de volvoretas,
De lume e vento sobre os ollos núos.
¿Como é?
Eu non podo arredar as miñas verbas
De tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, Galicia, (terra miña),
Doce mágoa das Españas,
Deitada rente ao mar,
Deitado frente ao mar ise camiño...
¿Como é?
É Celso Emilio Ferreiro e García MC
Lingoa proletaria do meu pobo
Eu fáloa porque sí, porque quero,
Porque me gosta me peta e dame a gaña
Porque me sai de dentro, alá do fondo
Dunha tristura aceda que me abrangue
Ao ver tantos patufos desleigados,
Pequenos mequetrefes sin raíces (raíces)
Que ao pór a garabata xa nan saben
Afirmarse no amor dos devanceiros,
Falar a fala nai,
A fala dos abós que temos mortos,
E ser, co rostro erguido,
Mariñeiros, labregos do lingoaxe,
Remo i arado, proa e rella sempre,
¡SEMPRE!
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
E quero estar cos meus, coa xente miña,
Perto dos homes bos que sofren longo
Unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
Non falo pra os ruís e poderosos,
Non falo pra os finchados,
Non falo pra os valeiros,
Non falo pra os estúpidos,
Que falo pra os que agoantan rexamente
Mentiras e inxusticias de cotío;
Pra os que súan e choran
Un pranto cotidián de volvoretas,
De lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non quero arredar as miñas verbas de todos os que sofren neste mundo.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists