Cantora que ves cantando esta doce melodía, Canta que estou agardando, canta que estou agardando A que chegue o novo día. Cantora que ves cantando cántame a túa canción Porque aínda levo gravado, porque aínda levo gravado Espiño no corazón. O teu canto ha de ser leve pra que non faga ferida, O querer ha de ser fondo, o querer ha de ser fondo Pra que dure toda a vida... O merlo tamén cantaba pra fuxir da soedade, A soedade xuraba, a soedade xuraba Que ela non facía male. Pra chegar a Compostela guiábame pola lúa. Pola rúa de San Pedro, Pola rúa de San Pedro meteuse na casa túa. Aquí vai a despedida, aquí vai a derradeira, Se tes o corazón roto, se tes o corazón roto Non haberá quen o queira...