Kishore Kumar Hits

bratzantifa - precariedade emocional lyrics

Artist: bratzantifa

album: precariedade emocional


(Bratzantifa)
A ver meu, imos quedar ou non
Porque nun principio dicías que si
Agora dis que non sabes
E... A min dame igual si quedamos ou non eh
O que pasa e que eu levo todo o día no curro
Levo 12 horas aquí, traballei en xornada partida
E simplemente quero organizarme
Entón dime si si ou se non
Pero non me estés mareando
Fíxoseme tarde pa' poñer a lavadora
E non podo permitirme cear outra noite fóra
Invítote se queres e quencemos unhas sobras
Pero non hai pa' aparcar, o meu barrio é zona hora
Ó prezo que vai a gasolina
Case nos compensa non vernos estes días
Ó prezo que vai a gasolina
Colle o bus urbano, papamos na marquesina
Pre-ca-riedade emocional
Contigo sempre teño o contrato temporal
Pre-ca-riedade emocional
Inestable, imprevisibel, sen convenio sindical
Pre-ca-riedade emocional
Pre-ca-riedade emocional
(Deixe a súa mensaxe despois do sinal)
(Piii)
Meu agora xa da igual
Xa estou na cama, estou en casa
Pero e que estou farta de que sempre andes con este rollo sabes
Que parece que é un McDonalds esto, todo o día aberto
E que non son así as cousas
Xa paso
Amores de taper e ollos cansos
Falamos no curro, nunca nos chamamos
Citas de uniforme, as quendas rotando
Ogallá me gardáse-lo teu día de descanso
Somos moi distintos: eu traballo nove a nove
E ti es un desgraciao que pide a Glovo cando chove
E o tren era media hora, non estaba tan lonxe
Pero cumplo 26 e quitaranme o Carné Xove
Ó prezo que vai a gasolina
Case nos compensa non vernos estes días
Ó prezo que vai a gasolina
Colle o bus urbano e papamos na marquesina
Pre-ca-riedade emocional
Contigo sempre teño o contrato temporal
Pre-ca-riedade emocional
Inestable, impredecible, sen convenio sindical
Pre-ca-riedade emocional

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists