Kishore Kumar Hits

La Quinkillada - Corazón de Toxo lyrics

Artist: La Quinkillada

album: Corazón de Toxo


O peor da miña vida foi
Sen dúbida, miña rula, foi
Cando me comunicaches a miña nova profesión
E así foi, e así foi
Para nada por vocación
Tiven que facerme xardineira do meu propio corazón
Ai, o sol!
Que sen maldade fixo brotar unha flor
Unha flor fermosa
Pero mala coma quen a plantou
Eu só quería bailar cen cumbias sen final
Podar o toxo co que non deixaba de espiñar
E agora só dou pasos lentos
Ao ritmo dos fentos de dor infernal
Eu só quería bailar cen cumbias sen final
Pero ferían as parellas que ían axudar
E agora todos berramos
Foliada do toxo de amor irreal
Co teu fouciño de maldade
Arrincaches o que eran alecríns
E deixáchesme vagar ao sol
Perseguindo promesas sen cumprir
Pasaron os días
E de espiñas encheuse meu amor
Encheuse de toxo malo
Que brotaba ao teu carón
Ai, amor!
O teu veleno fixo brotar unha flor
Unha flor fermosa
Pero mala coma quen a plantou
Eu só quería bailar cen cumbias sen final
Podar o toxo co que non deixaba de espiñar
E agora só dou pasos lentos
Ao ritmo dos fentos de dor infernal
Eu só quería bailar cen cumbias sen final
Pero ferían as parellas que ían axudar
E agora todos berramos
Foliada do toxo de amor irreal

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists