Kishore Kumar Hits

A Roda - A dorniña lyrics

Artist: A Roda

album: Outra Volta de Roda


A Dorniña (A Roda)
Meu pai deixoume a dorniña, miña nai deixoume o mar-e, (Bis)
Non tiñan máis que deixarme, nin eu teño máis dar-e, (Bis)
Retrouso
Non che teño rapaza
Outra cousa que dar,
Máis que o peixe fresquiño
Que eu che traio do mar,
Que eu che traio do mar. (Bis)
Non che teño rapaza
Outra cousa que dar.
Teño unha lanchiña en Cangas, que lle chaman a Manuela
(Bis
Que en toda ría de Vigo, non hai lancha como ela.
(Bis
Retrouso
Non che teño rapaza...
San Adrián e barqueiro, barqueiro e San Adrian-e.
(Bis
San Adrián e barqueiro, que leva o remo na man-e
(Bis
Retrouso
Non che teño rapaza...
Teño lanchas teño redes
Teño sardiñas do mar,
Teño unha nena bonita
Xa non quero traballar
Xa non quero traballar, (Bis)
Teño lanchas teño redes
Teño aparellos no mar.
(Bis)

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists