Fun Ó Muíño (A Roda) Moendo, moe que moe Moendo, moe que moe Unha mañán de xeada. Moendo moe que moe Moendo moe que moe Esa si que e muiñada. Fun o muíño da miña comadre, Fun polo vento e vin polo aire; Estas son cousas de encantamento Ir polo aire e vir polo vento. (Bis) Díos cho pague, pague, churrusqueira, Téñocho que agradecer-e Cando vou, cando vou o teu muíño Sempre me deixas moer-e Sempre me, sempre me, deixas moer-e, Díos cho pague churrusqueira. Que che cae o cu, Que che cae o cu, Manuela, Que che cae o cu, Que che cae o cu Na patela, Que che cae o cu Que che cae o cu, Manoliño Que che cae o cu Que che cae o cu, No muíño, No muíño, Na patela Ai Manuela Ai Manoliño.