Bota viño do ribeiro, taberneiro bota viño, bota viño do Ribeiro,
Que os de Vigo pra cantare temos que beber primeiro,
Temos que beber primeiro, ailalelo, ailalalo.
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita,
Ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, ai deixalo pasar,
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar.
Sonche de moito palique,
As rapaciñas da Guarda sonche de moito palique,
Elas botan o anzuelo, quen queira picar que pique,
Quen queira picar que pique, ailalelo, ailalalo.
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita,
Ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, ai deixalo pasar,
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar.
Ben se poden alabare, as rapaciñas da Guarda ben se poden alabare,
Son bonitas e ben feitas, e salgadas como o mare,
E salgadas como o mare, ailalelo, ai lalalo.
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita,
Ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, ai deixalo pasar,
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar.
Pensando que te casabas, fixéche-la permanente,
Pensando que te casabas, fixéche-la vinte veces
E quedache como estabas
E quedache como estabas, ailalelo, ailalalo.
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita,
Ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, ai deixalo pasar,
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar.
Non é unha que son todas as rapaciñas da Guarda,
Non é unha que son todas poñen dous pares de medias
Pra facer as pernas gordas. Ailalelo ailalalo
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar, vai tocando unha gaita,
Ai deixalo pasar, ai deixalo pasar, ai deixalo pasar,
Alá vai o gaiteiro por detrás do pinar.
Поcмотреть все песни артиста