O Xenro (A Roda) Eu caseime na montaña Cunha muller pelandrona Nin se leva, nin se peina, Anda feita unha porcona. Nin sabe lavar un prato Nin coller unha escobela E un día eu cabreado Varrín a casa con ela. E collín na por un brazo Leveina onde miña sogra Ei qui ten a súa filla Que non sabe de cociña. A miña filla traballa Segun dicen os veciños A súa filla traballa De noite polos camiños. Vaite de hai malandron Borrachón e calivera Non dicías, ti así, Cando durmías con ela.