San Benitiño (A Roda) Non vaias o de Paredes, si vas a o San Benitiño Non vaias a o de Paredes, que hai outro mais milagreiro Que hai outro mais milagreiro, San Benitiño de Lerez. Retrouso San Benitiño do ollo redondo Hei dir. ala miña nai se non morro, Hei de levar unha bota de viño, E unha barra de pan do Porriño. A que lle foron a armar-e, o San Benito de Lerez A que lle foron a armar-e, que tiña un bo viño mosto Que tiña un bo viño mosto, debaixo do se altar-e. Retrouso San Benitiño do ollo redondo... O velas flores se alegra, o paxariño do prado, O velas flores se alegra, eu con vela túa cara Eu con vela túa cara, boto fora as miñas penas. Retrouso San Benitiño do ollo redondo... Que cho teño ben gardado, heiche de dar que cho teño, Que cho teño ben gardado, nena cando foras miña Nena cando foras miña, o claveliño encarnado. San Benitiño do ollo redondo Hei dir. ala miña nai se non morro, Hei de levar unha bota de viño, E unha barra de pan do Porriño. (Bis)