Cantinela Da Fonsagrada (A Roda) Moreniña por morena, (Bis) Téñoche o ollo botado. Has de ser miña muller-e Ou non hei de ser casado. (Bis) Eu teño un canciño criado a boa fe, Que baila a muiñeira na punta do pe, Na punta do pe, da un pincho Pa tras, E baila a muiñeira do chascarraschás. Miña sogra cando roña, (Bis) Ponse no medio da casa. Ela di que voume, voume, E de marchar nunca acaba. (Bis) Eu teño un canciño criado a boa fe, Que baila a muiñeira na punta do pe, Na punta do pe, da un pincho Pa tras, E baila a muiñeira do chascarraschás. Ten coidado Maruxiña, (Bis) Cando te vaias pra cama. Non che vaia VI lo trasno E che faga unha trasnada. (Bis) Eu teño un canciño criado a boa fe, Que baila a muiñeira na punta do pe, Na punta do pe, da un pincho Pa tras, E baila a muiñeira do chascarraschás. Unha pera dúas peras, (Bis) Non daba mais a pereira. Unha pera fixo o xastre, A conta da costureira. (Bis) Eu teño un canciño criado a boa fe, Que baila a muiñeira na punta do pe, Na punta do pe, da un pincho Pa tras, E baila a muiñeira do chascarraschás. Nos de ei qui e vos da i, (Bis) Sodes tantos como vos. Nos Comemos o carneiro, Os cornos son para vos. (Bis) Eu teño un canciño criado a boa fe, Que baila a muiñeira na punta do pe, Na punta do pe, da un pincho Pa tras, E baila a muiñeira do chascarraschás.