Kishore Kumar Hits

A Banda da Balbina - O Marco lyrics

Artist: A Banda da Balbina

album: Convertindo Cuncas En Ferrados


Sonche filla de solteira
Quedei con todo o que miña nai tiña
Herdei a casa, o ghalpón mai-la eira
Tiña unha leira estremeira coa miña
Unhas pedras nos extremos
Iso xa era da miña vesiña
Pouquiño a pouco iría medrando
Dende o camiño ata o poste da viña
O que cada día quería loghraba
Convertir as cuncas en ferrados
Saía de noite, miraba, asexaba que non viran movelos marcos
E movendo a pedra e aghachando a man
O marco cambiaba,
A eira medraba asumáballe a terra da miña
Vesiña cámbialle a pedra que ninghuén me vira
Movíalle o marco da eira pra finca
Ghanáballe á terra que non era miña
Movendo o camiño ata o poste da viña
A miña vesiña esta toleando
Foi buscar os papeis do catastro
Veu co perito, cun avogado e ca súa nora que coida o reparto
Fíxome a escena defoise co vento e ca man ensinábame un sacho
"A Dios pongho por testigo te fendo la cona en cien mil pedasos"
O que cada día quería loghraba
Convertir as cuncas en ferrados
Saía de noite, miraba, asexaba que non viran movelos marcos
E movendo a pedra e aghachando a man
O marco cambiaba,
A eira medraba asumáballe a terra da miña
Vesiña cámbialle a pedra que ninghuén me vira
Movíalle o marco da eira pra finca
Ghanáballe á terra que non era miña
Movendo o camiño ata o poste da viña

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists