Kishore Kumar Hits

Os Carunchos - Prestige lyrics

Artist: Os Carunchos

album: Montealegre


E é que o mar está podre
E é que o mar está malo
E é que o mar está enfermo
Imos axiña a salvalo
E é que o mar está podre
E é que o mar está malo
E é que o mar está enfermo
Imos axiña a salvalo
Desta vez señores
Chegou o Prestige
Rebentoulle a merda
Deixóunola eiquí
E agora señores
Temos que aguantar
E os mariñeiros
Non poden pescar
E os mariñeiros
Non poden pescar
Menudo descaro
Poñan atención
Son catro ghalletas
Sen preocupación
Tres mareas negras
Viñeron matar
Toda-la riqueza
Que hai no noso mar
Toda-la riqueza
Que hai no noso mar
Logo veu o vran
Que lle imos facer
Temos pintas negras
Polos nosos pés
Pero nós tranquilos
Nada vai pasar
Pois seguen dicindo
Que está limpo o mar
Pois seguen dicindo
Que está limpo o mar
Pois os voluntarios
Seguen a limpar
E dende o goberno
Non dan material
Pois así señores
Non se pode estar
Se nos descoidamos
Ficamos sen mar
Se nos descoidamos
Ficamos sen mar

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists