Kishore Kumar Hits

Lucía Pérez - Sete Chorares lyrics

Artist: Lucía Pérez

album: Quitapenas


Veño arrimada a unha pena,
Traio tristura na voz.
No máis escuro dos días,
Colleume a noite no albor.
Unha rúa de pedra mollada,
Tan soa ei de vagar,
Como alento dunha naiciña
Que me fala querendo chorar.
Teño o silencio bagoado,
Nas veas un lume rabiado.
Non me gardes no olvido,
Que no ceo me levas contigo.
Co alento dos beizos da alma,
Quixo tecer un amor,
Envolto en ventos de auga
Tremendo as miradas,
Semendo ruido da man dun trebor.
Tatuada no peito, alí xura violenta,
Deste amencer farta de bagoas de ferro...
Eu morro por el, sen el xa vivir non quero.
Deixar de min quixera
Nesta beiriña do mundo
Esta dor que me enterra no mar máis profundo, a morriña nos ollos,
Na gorxa o inferno,
Pra min non hai maio, pra min sempre é inverno.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists