Mouchos, coruxas, sapos e bruxas Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras Podres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos Cheiro dos mortos, tronos e raios Oubeo do can, pregon da morte, founcinho do sátiro e pe do coello Pecadora lingua da da mala muller casada con home vello Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes Corpos mutilados dos indecentes Peidos dos infernais cús, muxido da mar embravescida ♪ Barriga inútil da muller solteira Falar dos gatos que andan a xaneira Guedella porca da cabra mal parida Con este fol levantarei as chamas deste lume Que asemella ao do inferno Fuxirán las bruxas a cabalo das súas escobas Índose bañar na praia das areas gordas ¡Oíde, oíde os ruxidos que dan las que non poden deixar De queimarse na augardente Quedando así purificadas! ♪ E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas Quedaremos libres dos males da nosa ialma E de todo embruxamento ♪ Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada Si é verdade que tendes máis poder que a humana xente Eiquí e agora Facede cos espritos dos amigos que están fora Participen con nos desta queimada Ha, ha, ha, ha, ha, ha, ha, ha