Nos montes e nas prisións
Aínda ouvean os lobos
Humidade e frío que conxelan ata os ósos
El sente un arrepío que erguería ata a un morto
E mortos están irmáns e máis amigos
Gárdaos consigo nunha carta, nunha foto
Pon ese fusil ao ombro, esperta ao camarada
Hoxe toca día duro, unha boa camiñada
Soños rotos, unha brétema que cala
Pois a vida no monte non é conto de fadas
Van marchando pola fraga, tiran a poñente
Pensan nunha cama quente, nalgo que levar aos dentes
Vencen á corrente, son heroes silentes
Na memoria da xente, bandoleiros, delincuentes
Medra a rentes ese croque na metade do camiño
El estende a man pra sentir o agarimo
Voltando aos recordos máis sombríos
Pero a garda civil interrompe a tiros
Ouvean os lobos nas noites de lúa chea
Contra toda consecuencia, esperanza guerrilleira
Fuxidos de sona, unha vida rota
A soidade é a compañeira dos heroes da resistencia
Ten que tirarse ao chan, esquivar asubíos
Deitarse xunto aos seus irmaos, resistir unidos
Ninguén se agocha, ninguén baixa a cabeza
Entre pedras e disparos, pasos de firmeza
Confianza no fusil que nunca abandonou
En tódalas veladas nas que a morte rodeou
Á guerrilla, vai polas esquecidas
Cada bala leva o nome dun camarada caído
Nova ráfaga, asubían os disparos
Soa un berro ao seu carón e fica conxelado
O camarada, o irmao por quen daría a vida
Morto no chan por balazos da inxustiza
Un berro de rabia, unha bomba de man
Aperta forte o gatillo, hai un irmán que vingar
Hai voces noutro bando, sinais de retirada
Bágoas nos montes, esperanzas afogadas
Ouvean os lobos nas noites de lúa chea
Contra toda consecuencia, esperanza guerrilleira
Fuxidos de sona, unha vida rota
A soidade é a compañeira dos heroes da resistencia
Aínda retumba o eco dese último disparo
A marcha non cesa, pero escoita menos pasos
Ao lado falta un amigo, non deixa de pensalo
El agora segue vivo, pero quen sabe atacando
Sen descanso nin destino, existe pra avanzar
Esquiva balas perdidas ata atopar o final
Non vai caer no olvido cada bágoa derramada
Quen perde a un camarada perde tamén a un irmán
Man a man coa guerra, pero é home de paz
Desbordou dende rapaz bondade por cada poro
Garda como un tesouro ilusións que conquistar
Que alí o máis cordo soña esperto por medo a volverse tolo
Lembra o pesar fondo, a derradeira despedida
A xustiza é o que guía cada intre dos seus días
Deitado coa fatiga dunha eterna vixilia
Durme, guerrilleiro, que mañá será outra vida
Ouvean os lobos nas noites de lúa chea
Contra toda consecuencia, esperanza guerrilleira
Fuxidos de sona, unha vida rota
A soidade é a compañeira dos heroes da resistencia
Da resistencia
Поcмотреть все песни артиста