Kishore Kumar Hits

Grande Amore - Ó 100% con nada lyrics

Artist: Grande Amore

album: Nunomanía Ep


Son as sete da mañá 'tou volvendo ó meu piso
E sentindo nas costas todo o frío que existe
Cheiro algo parecido á morte
Voume rindo pensando no que fixen onte
Todo o que me pasa gana ó contalo
Prefiro 'tar así que vivir chorando
Esperando que as cousas sexan distintas
Ou que sigan igual pero as vexa distintas
E hai días que non poido evitalo
Solo vexo o malo, o mismo de sempre
E aínda que o sol me quente
Pa' min é de noite e vai seguilo sendo
Dáme igual o que me contes
Non estou ó cen por cen con nada
Solo penso en estar cos meus amigos
E cada ano vivimos máis lonxe
Como llo explicas ós que non o entenden
É de noite pa' min e pa' moita xente
Míranos ós ollos, dámosche pena
Poderías ser tu se non foses tonto
Dáme igual o que me contes
Non estou ó cen por cen con nada
Solo penso en estar cos meus amigos
E cada ano vivimos mas lonxe
A miña boca sabe a sangre
Mentres vexo como a xente pasa
E a risa que me sale solo está nos dentes
Porque dentro dos meus ollos é de noite pa' sempre
Hai un par de sitios ós que sempre vamos
E seguro que tu x'os conoces
E de día eses sitios vense máis tristes
Por eso pa' nós case sempre é de noite
(Another day, another fresh meet)
Antes sempre estamos pensando
"Que ben o pasábamos antes!
Que ben o pasábamos antes!"
É certo e tamén é mentira
Antes era unha merda
E antes estábamos jodidos
E inda así non deixo de pensalo
"Que ben o pasábamos antes!"

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists