A virxe de Guadalupe Cando vai pola ribeira,(bis) Descalciña pola area Parece unha rianxeira. (bis) Ondiñas veñen(bis)(bis) Ondiñas veñen e van Non te embarques rianxeira Que te vas a marear. (Bis) A virxe de Guadalupe Cando veu para Rianxo,(bis) A barquiña que a trouxo Era de pau de laranxo. (bis) "Ondiñas veñen..." A virxe de Guadalupe Quen a fixo moreniña,(bis) Foi un raíño de sol Que entrou pola ventaíña. (bis) "Ondiñas veñen..."