Kishore Kumar Hits

Orquesta Compostela - A Rianxeira lyrics

Artist: Orquesta Compostela

album: Orquesta Compostela


Retrouso
Ondiñas veñen, ondiñas veñen,
Ondiñas veñen e van, non te vaias rianxeira,
Que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo.
(Bis)
A barquiña que a leva era de pau de naranxo.
(Bis)
Retrouso
Ondiñas veñen, ondiñas veñen...
A Virxe de Guadalupe cando vai pola Ribeira.
(Bis)
Descalciña pola area parece unha rianxeira.
(Bis)
Retrouso
Ondiñas veñen, ondiñas veñen...
Virxiña de Guadalupe quen che puxo moreniña.
(Bis)
Foi un raíño do sol que entrou pola ventaíña.
(Bis)
Retrouso
Ondiñas veñen, ondiñas veñen...
Mariñeiro de Rianxo sexas pobre ou sexas rico.
(Bis)
Lévalle a nosa señora nun carabeliño un bico.
(Bis)
Retrouso
Ondiñas veñen, ondiñas veñen...
Que guapa estaba a rapaza cando che vin na ribeira.
(Bis)
Tiña la cara morena como a Virxe rianxeira.
(Bis)
Retrouso
Ondiñas veñen, ondiñas veñen...
A Virxe de Guadalupe sempre a levo comigo.
(Bis)
Acompáñame por sempre como un bo e fiel amigo.
(Bis)
Retrouso
Ondiñas veñen, ondiñas veñen,
Ondiñas veñen e van,
Non te vaias rianxeira,
Que te vas a marear.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists