Kishore Kumar Hits

SES - Non Teño Fe lyrics

Artist: SES

album: Diante un Eco


Non teño fe, non teño espazo para correr
Non sei saltar o sufrimento sen caer
Non sei marcar os límites no tempo
Nin divorciarme do que quero crer
Non quero rei, non quero forza para ver
A multitude axeonllada envilecer
Sigo fuxindo do meu desalento
Emparedada na esperanza de
Avivar a idea e ampliar
Os prazos que preceden a claudicar
Non teño Deus, non teño marxe de cesión
No referido á dignidade e á opinión
Coido a palabra, resgardo do vento
Porque é por ela que son o que son
E combatente e vencida unha vez
Sigo portando a eternidade da vellez
Sigo fuxindo do desdobramento
E instalada na quimera de
Avivar a idea e ampliar
Os prazos que preceden a claudicar

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists