Cántame, rula, canta Que o meu corazón pena E o meu penar é tanto Que nada me serena E anque medro e sorrío Cando comeza a escena Gardo na miña alma O medo dunha nena Gardo na miña alma O medo dunha nena Fálame con coidado Que non atopo cura Que non teño xa dentro Carraxe nin bravura E anque sei que virá un vento Que barrerá a tristura Fálame agora lento Lévame esta amargura Fálame agora lento Lévame esta amargura Pon a túa voz no vento E como a calandria espera A que muden os tempos Para anunciar a era Devólveme o rumbo Como eu cho devolvera Se as túas ás voasen Lonxe da primavera Se as túas ás voasen lonxe da primavera A túa voz é miña Porque son eu quen canta E son as miñas alas As que o teu voo levantan E anque esqueza que as teño Elas só se axigantan Mentres volve a ledicia Dar na miña garganta Mentres volve a ledicia Dar na miña garganta E cántame, rula, canta Que o meu corazón pena E o meu penar é tanto Que nada me serena E anque medro e sorrío Cando comeza a escena Gardo na miña alma O medo dunha nena Gardo na miña alma O medo dunha nena