Se cadra non falei, Se cadra estaba triste, Se cadra é que mentín Ou ti te confundiches. Non asina quen son Todo o que aseguraba, Voltei a non saber, Outra vez non sei nada. E cando pola fiestra os meus ollos miran E no medio do monte se ven perdidos, Canto polos que choran as despedidas E choro polos que viven arrepentidos. E agora que aprendín que todo se paga, Que non comulga coa inocencia esta vida, Choro polos que viven arrepentidos E canto polos que choran as despedidas Esquecín se a razón Fixo acto de presenza, Máis hoxe hai un porqué Onde houbo indiferenza. Medo de non saber Como dicer verdades, Como chegar a ser Un pasado agradábel