Subo e baixo rúas Sen saber porque Pregúntanme por que corro E non o sei dicer. Dime todo o mundo "Ei, María, onde vas?" Vou a onde me peta, meus, Deixádeme pasar. Vou percorrer rúas Que nin sequera pensei Vou esquecer todo Polo que algún día chorei. Só quero ver cousas Que me fagan rir arreo Hoxe non hai nubes, Hoxe o sol preside o ceo. Dinme "Frea un pouco, ei! Cando pensas parar?" Desculpa que che corte Pero teño que machar. "Non podes seguir así, Vanche romper os pés!" Deica outro día, meu Habémonos de ver. Contes o que me contes O que queira vou facer Non teño nen ollos Nen ouvidos para ningúen Con todo o meu respecto, Con toda educación, Aghora levo presa, meu Será noutra ocasión. Dinme "Frea un pouco, ei! Cando pensas parar?" Desculpa que che corte Pero teño que machar. "Non podes seguir así, Vanche romper os pés!" Deica outro día, meu Habémonos de ver. Subo e baixo rúas Sen saber porque Pregúntanme por que corro E non o sei dicer. Dime todo o mundo "Ei, María, onde vas?" Vou a onde me peta, meus Deixádeme pasar. Deixádeme pasar.