Kishore Kumar Hits

SES - Fala De Mel lyrics

Artist: SES

album: Readmirando A Condición


Un impulso primario
Un tifón libertario
Unha fábula real...
Un tesouro sumario
Aprendiz de corsario
Insolente e leal...
O antídoto que calma
Esas dores da alma
Un fartarte de rir...
A ortodoxia sen regras
Que nas horas negras
Prende candeas pra ti...
E muller e nena...
E fala de mel...
Unha nobre impostora
Eterna desertora...
A ilusión do cotián
O caos do sistema
Cada día un lema
Cada verba un irmán
Así cos intensiva
Fondura máis viva
Un sentir a pracer...
As mulleres que cantan
E as que se levantan
Danlle a vida un porqué...
E muller e nena...
E ferve papel...
E grande e pequena...
E fala de mel...
Ten a lúa cordura
Maxia da locura
Deste mundo marrón...
En sublime mestura
Descaro e tenrura
Tinxen todo de cor...
O vermello na estrela
O lila das xubela
Do seu mar un azul...
Dese mar do que veu
E que nunca esqueceu
E a chama desde o sur...
E muller e nena
E ferve papel...
E grande e pequena
E fala de mel...

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists