A onde fuxir? A onde escapar? Onde encontrar un resto de cordura? E a quen podemos apelar? Para esixir o final da tortura? Cando é o momento de cargar E disparar? Decisión miña ou súa? E hai outra forma de operar Compatíbel coa cultura? Como aferrarse á opinión De que a palabra é o misil pertinente? Como facer que a ilusión Teña cabida no presente? E de que nos serve a indelección En corpos que non teñen sangue quente? E cando foi que a outra versión Abandonou o continente? Como podemos descolar As bocas que precintou a desidia? Pódese aínda recuar, Ou hai que crer no imperio da impericia? E a acción en filme de Van Danme, A voz fuxiu de viaxe con Alicia E hai que avivar o ben moral Co entusiasmo da milicia Co entusiasmo da milicia E co entusiasmo da milicia E co poder da diversión, Coa fondura da caricia. E co abrazo da elección, Coa esixencia de ledicia, Co orgullo da paixón, Co sorriso ante a malicia. E por quen pedir? Por quen loitar? Cal é, de certo, un alma imprescindíbel? Con quen debemos negociar, A importancia do rendíbel? Onde podemos ir buscar? O denodo da mente redutíbel? E segue a existir o talismán Que nos une ao invisíbel? Como sabemos se a función Substituíu a vida para sempre? Se hai na seguinte xeración Un pesticida que borre o evidente? Xa sen marxe de actuación, Sen fruito para a semente. Ante a inminencia da detonación Hai que deixar ver os dentes, Hai que deixar ver os dentes E hai que deixar ver os dentes E opoñerse á extinción, Bombear o sangue quente E encomendarse á submisión, Desafiar o decadente Co amparo do bastión, Coa ousadía da valente Co entusiasmo da milicia E co entusiasmo da milicia E co poder da diversión, Coa fondura da caricia. E co abrazo da elección, Coa esixencia de ledicia, Co orgullo da paixón, Co cagarse na inmundicia Co sorriso ante a malicia Co sorriso ante a malicia Co sorriso ante a malicia Co sorriso ante a malicia, Co sorriso ante a malicia...