Unha vez houbo unha flor Que só ulía certa xente No xardín dun gran demente Con máis poder que razón A rosa leda medrou, Medrou soa e sen axuda, Era forte coma ruda, Contra o frío e o calor Saíu o sol e corou, Co seu vermello impoñente, Tanto, que ao amo e a outras xentes Molestou o seu primor No canto de con amor, Ollábana con vaidade, E ante a fermosa humildade Respostaron con temor Moitas flores do redor, De xardíns de alleas terras, Aplaudiron moi contentas Cando o amo as recortou A planta quedou sen flor Pero aínda resistía, Porque a raíz se nutría Da terra que a enxendrou A terra considerou Que o seu froito era inocente, Que fora nobre e valente E dela se preocupou A auga axiña chegou E o resto de compañeiras Acudíronlle lixeiras E calmaron a súa dor Certo día aquel señor Foi alabar a maceira E reparou na roseira Que cortara con rancor Mil rosas con esplendor Recendían maxestuosas Unhas espiñas máis grosas Que as tesouras do señor Comprendiu o amo entón, O seu crime despiadado, Caiu ao chan apenado E pola rosa chorou Aquela primeira flor Só no recordo latexa Pero se a raíz é rexa A planta non morre, non