Kishore Kumar Hits

SES - Tronzar Os Valos lyrics

Artist: SES

album: Tronzar Os Valos


Que veña o sono a levarme
A un paraíso
Sen santos nin gardiáns nin purgatorio
Que sexa eu quen decida o que é ilusorio
Que o traidor non se esconda tras o aviso
Que a soidade me baste
Que non carcoma
A ausencia penetrante á miña vida
Que non me dea tanto por vencida
Que non sexa un segundo unha deshora
Para exiliar a peste
Das lúas suicidas
Para encher os ocos das pegadas
Das urxentes despedidas
Para poder seguir cantando
Cando ansío unha saída
Para tronzar os valos
Das rúas prohibidas
Que suba o todo o que baixa
Redito incluído
Que o pague quen se nutre da miseria
Que só sexa razón raíña eterna
Que abdique do seu trono o prexuizo
E que non se acumulen as crueis demoras
Os vertes en sumarte ás melodias
As caras con olleiras, as desidias
As tardes de tristuras triunfadoras
Para exiliar a peste
Das lúas suicidas
Para encher os ocos das pegadas
Das urxentes despedidas
Para poder seguir cantando
Cando ansío unha saída
Para tronzar os valos
Das rúas prohibidas
Para exiliar a peste
Das lúas suicidas
Para encher os ocos das pegadas
Das urxentes despedidas
Para poder seguir cantando
Cando ansío unha saída
Para tronzar os valos
Das rúas prohibidas

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists