Kishore Kumar Hits

SES - Un Pensamento lyrics

Artist: SES

album: Tronzar Os Valos


Este insomnio venial
Que non aspira a ser tormento
Prende todas as candeas
Que dan luz a un pensamento
E sobre o postergado soño ver
De sombras o estrego
Ese todo condimento
Ese todo condimento
Ese todo condimento
Que reclama esta canción.
Vendo as horas de reollo
Eu percebo que se achega
Ca súa guerra encarnizada
A mañá miña indolencia
Con preguiza torno ao leito
E suxíreme a morneza
Que me garde da soberbia
De pensar que estou esperta.
É sabido que no escuro
Non se enredan as ideas
É sabido que se crean
Cando o sol o tapa o curo
E avanzando polas horas
Descúbrome unha indecente
E dígome nas impares
E dígome nas impares
E dígome nas impares
Que xa marcho na que segue.
Vendo as horas de reollo
Eu percebo que se achega
Ca súa guerra encarnizada
A mañá miña indolencia
Con preguiza torno ao leito
E suxíreme a morneza
Que me garde da soberbia
De pensar que estou esperta.
E que este insomnio letal
Vai achegándome ao tormento
Cando comezan as candeas
A facer fins ao pensamento
Na conta final das horas
Núa ademais de indecente
Berro á lúa retadora
Berro á lúa retadora
Berro á lúa retadora
Que se ten présa que espere.
Vendo as horas de reollo
Eu percebo que se achega
Ca súa guerra encarnizada
A mañá miña indolencia
Con preguiza torno ao leito
E suxíreme a morneza
Que me garde da soberbia
De pensar que estou esperta.

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists