Durme máis que os osos nun inverno. Berra, toma os tronos tras a luz. Come coma un neno consentido Que corre, ceibe, terco e nu. Sabe máis que todos os que falan. Fala con vehemencia e con valor. Ama ca inocencia disfrazada Da que nunca espera unha ovación. Nai, xa sabes que te quero, E, anque son rebelde e falo mal, Non concibo a permanencia no universo Se non podo ir a onde ti estás. Ensináchesme que todo é nada. Que non hai máis ouro que o amor. Apréndesmo sen querer, cando te miro E descubro que es feliz cando eu o son. En silenzo das discursos que conteñen O ciclón que trouxeches hacia aquí. Lévote comigo porque eu son o teu anaco. Ti eres eu e eu son parte de ti. Nai, xa sabes que te quero, E, anque son rebelde e falo mal, Non concibo a permanencia no universo Se non podo ir a onde ti estás. Non me reñas por ser unha suicida, Por chorar e por velo todo azul. Perdoa non facerche unha rancheira E cantarche a ti con voz de blues. Nai, xa sabes que te quero, E, anque son rebelde e falo mal, Non concibo a permanencia no universo Se non podo ir a onde ti estás. Nai, xa sabes que te quero, E, anque son rebelde e falo mal, Non concibo a permanencia no universo Se non podo ir a onde ti estás. Se non podo ir a onde ti estás. Se non podo ir a onde ti estás.