Kishore Kumar Hits

SES - Algo Que me Anime lyrics

Artist: SES

album: Co Xenio Destrozado


Non quero facer mimos para consolar
Non quero palabras para predicar
Nen sequera pido unha carta de amor
Desas que dan tregua a este corazón.
Quero algo que me anime unha súbita emoción.
Non quero viaxar a espazos siderais
Non quero purismos que me afoguen mais
Paso dos que pasan de reclamacións
Fuxo dos que fuxen das conviccións
Quero algo que me axude
Un punto de sedación
Algo que elimine a causa desta incomprensión
Algo que ilumine un tunel para a evasión
E unha mente que fomente as ansias de revolución
Eu non quero amnisticios para me esconder
Non quero limites nin para exceder
I esta meditacion trascendental
Sabios dunha sociedade terminal
Só quero algo que me alivie un antídoto ilegal
Non quero filosofos os que citar
Nin xentes que alimenten este malestar
Ou bruxas que prometan a gran salvación,
Puntos de sutura nin xaropes non
Só quero algo que me saque desta desesperación
Algo que anime unha súbita emoción
Algo que me axude un punto de sedacion
Algo que me saque desta desesperacio o o ón.
I unha mente que fomente as ansias de revolucion
Non quero amnisticios para me esconder,
Non quero limites nin para exceder
I esta meditacion trascendental
Sabios dunha sociedade terminal
Só quero algo que me alivie un antídoto ilegal
Non quero filosofos os que citar
Xentes que alimenten este malestar
E bruxas que prometan a gran salvación,
Puntos de sutura nin xaropes non
Só quero algo que me saque desta desesperación
Algo que elimine a causa desta incomprensión
Algo que ilumine un tunel para a evasión
Algo que elimine a causa desta incomprensión
Algo que ilumine un tunel para a evasión
I unha mente que fomente
As ansias de re
I unha mente que fomente
As ansias de re
I unha mente que fomente
As ansias de revolucion

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists