Cruzo Bonaval con noite A lúa vaime abrigando Coa música da fonte Meu amor vaime arrolando. Ai la la la... Meu amor vén ao meu peito Quere sentir a lentura Dorme a torre no seu leito A miña boca na súa. Ai la la la... Hei saber do manancial Hei beber da súa auga As sandalias nunha man Quero camiñar descalza. Ai la la la... Ten ollos de sentinela Ten a pel da escuridade Coma o corpo dunha hedra Sinto medrar a cidade. Ai la la la... Sinto medrar a cidade As luces escintilando Cruzo o val como unha ave E a lúa vaime abrigando. Ai la la la...