Kishore Kumar Hits

Leilia - Cinsas lyrics

Artist: Leilia

album: Consentimento


Heiche de roubar a alma
Algún día me dicías
Meniña has de ser miña
Inda que me leve a vida.
Está escrito no ceo
O que as nubes van chorando
As cinzas da nosa historia
O vento vainas levando.
Esta noite hei de atopar
As estrelas que me han guiar
No camiño heite olvidar
Sen botar a mirada atrás
Sen botar a mirada atrás
Sen botar a mirada atrás
Esta noite hei de atopar
As estrelas que me han guiar.
Soños dunha noite tola
Tecidos pola paixón
Que nin ben se ergue o día
Nunca máis acordan, non.
Esta noite hei de atopar
As estrelas que me han guiar
No camiño heite olvidar
Sen botar a mirada atrás.
Non teñas pena de min
O tempo ha de ir curando
As mentiras dos teus beizos
Agora estou olvidando.
Esta noite hei de atopar
As estrelas que me han guiar
No camiño heite olvidar
Sen botar a mirada atrás

Поcмотреть все песни артиста

Other albums by the artist

Similar artists