Escoita, vai escoitando Non toda a vida é tormento Dos corazóns xorde o canto Medra no traballo lento. Escolle, vai escollendo De toda a festa o cantar O que lle ten sentimento O que mellor vai soar. Escolle, vai escollendo Aprendendo, preguntando As evas que tiña o mundo Que pouquiñas van quedando! Recorda, vai recordando Que rápido van os tempos O pandeiro no faiado O cantar levouno o vento. Escoita, vai escoitando Escolle, vai escollendo Recorda, vai recordando Con orgullo e sentimento. Con orgullo e sentimento Ollos pechados no canto A voz tinxe o silencio O pasado latexando. Con orgullo e sentimento A súa vida nos cantos Cantos dos que van morrendo Muiñeira dos camposantos.