Non te fagas de rogar Nin me digas eu que sei, Dime que si ou que non Que é máis honrado e de lei. Non quero que te vaias Nin que te quedes Nin que me deixes soa Nin que me olvides. Os meus pensamentos todos Van e veñen de rondón Unha vez dinme que si Outra vez dinme que non. Non quero que te vaias Nin que te quedes Nin que me deixes soa Nin que me olvides. Quero dicir e non digo E estou sen dicir dicindo Quero querer e non quero E estou sen querer querendo. Non quero que te vaias Nin que te quedes Nin que me deixes soa Nin que me olvides. Ti querías eu non quixen Non temos queixa un do outro Ti quedaches onde estabas Eu quedei onde me atopo. Non quero que te vaias Nin que te quedes Nin que me deixes soa Nin que me olvides.