Muiñeira da ribeira Muiñeira ribeirana O tocar da muiñeira Tócocho de mala gana. Déstesme unha pera podre Toda rillada dos ratos á que lle destes o bico Vaille levar os abrazos. Non te fíes en los hombres Aunque digan bien te quiero Al revirar la espalda Si te he visto no me acuerdo. Anillo das sete perras Sal para fóra do meu dedo Que ti fostes o causante De eu ter amores tan cedo. As estrellas corren corren Todas nunha carreiriña Tamén corren os amores Da túa porta á miña. Non te fíes en los hombres Anque los veas llorar En las lágrimas te dicen El pago que te han de dar. Virgen da Barca valeime Virgen da Barca valeime Que estou no medio do mar Non hai barquiño que reme. Eu caseime por un ano Por saber que vida era O ano vaise acabando Solteiriña quen me dera. Este ano fun á Barca Pró que vén hei de volver Que me quedou a mantilla No altar sen recoller. Ailalelo ailelelee... Ailalelo ailelelee...