Moreno dos ollos tristes, Porque hoxe é noite de festa, Bailemos xuntos os dous No abrazo da noite negra. Ai lalala..., ai lalala... Ninguén nos ha molestar Máis que o brillo das estrelas, Só quero perderme en ti Todas as noites de festa. Ai lalala..., ai lalala... O peito quéimame todo Co lume das cacharelas, é porque estás onda min, Meixela contra meixela. Ai lalala..., ai lalala... O mundo é de cor e riso, Cando estás á miña beira; E pérdome nos teus ollos, Que medran como a marea. Ai lalala..., ai lalala... Que siga tocando a gaita, E as mozas a pandeireta, A música eu só escoito Que cantas á miña orella. Ai lalala..., ai lalala... Que non rompa nunca o día, Que esta noite sexa eterna Que eu quero bailar contigo Porque hoxe é noite de festa. Ai lalala..., ai lalala...