O meu amor é pequeno Pequeno como un xaruto É capaz de namorar Vintecinco nun minuto Ai lala, ai lala lalala lala (Bis) Vós queredelo apurado Eu apurado non poido Buscade unha tocadeira Que vos toque ao voso modo Os mociños que hai aghora Parecen coiros do río Están a falar coas mozas E están a tremer co frío As mociñas que hai aghora Son dignas de as querere Cando un mozo leva fame Logho lle dan de comere Cando canto unha cantigha Todos miran para minhe Fato de bocas abertas Na miña vida tal vinhe