Tireiche cunha pedriña Deiche no rodo da saia Eu ben che dixen meniña Que era do borde da raia Agora ven unha orde Que non pode estar mellor Mete-los homes no forno E chamar ó capador. Esta casa que aquí está Por fóra pinganlle as tellas E por dentro se pasea A flor das mozas solteiras. Tres cousas pedín a Dios Ningunha me quixo dar Fermosura, bo cabelo Donaire para cantar. Abreme a porta rapaza Se non entro polas tellas Teño un rapaz empezado E fáltanmelle as orellas. Eres alta como un ovo Redonda coma unha noz Branca como chiculate Buenas noches nos dé Dios.