Fun tocar a San Simón, Fun tocar nunha lanchiña, Non me deixaron pisar'e A herba daquela illa. Mariñeiro de auga doce E tamén d'auga salgada, Lévame a San Simón E de San Simón á Habana. Unha noite me levaron A San Simón cunha nena Meu corazón veu chorando Por ser a noite pequena. Agora que vén o vran Tamén vén a primavera, Tamén vén a regalía Pr'os gadañeiros da herba. Ai lalara lalá, ai laralá lalá, Ai lara lara lalá Ai lalara, lalara, la lá... O cura de San Simón Non ten camisa lavada, O señor cura de Arcade Vintecinco na colada .Agora que ven o vran.