Teño unha galiña branca Que me veu de Redondela, Da miña comadre o galo Non me veña dar con ela. Ai, la la, ai la la... Teño de ver o meu liño, Que me dá pola cintura, Non sei se é liño, se é herba, Bagalla non ten ningunha. Ai, la la, ai la la... Unha pera, dúas peras, Non tiña máis a pereira, Unha será para o xastre, Outra para a costureira. Ai, la la, ai la la...