Gargamala ten a sona Gargamala a sona ten De cantar e bailar ben. Na porta do fiadeiro Hai dúas pedras de asento Unha é pra namorar Outra pra perder o tempo. As nenas de Gargamala Con que peinan o cabelo Cunha herba que hai no monte Que lle chaman tormentelo. Vou a dar a despedida Vou a dar a derradeira Vou a dar a despedida Miña virxe da Franqueira.