Teño unha nena pastora Delgada como un salgueiro Como un breliña verde Que dobla pra donde eu quero. Que dobla pra donde eu quero Ai la lelo ai lalala Teño unha nena pastora Delgada como un salgueiro. Ó baixalo monte Baixando baixando Ó baixalo monte Polo monte abaixo. Ó baixalo monte Baixando baixando Ó baixalo monte I o pechala noite. Pastora que vas co gando ¿Onde vas tan pensativa? I o teu amor en Caurel Vai afondando a ferida. Vai afondando a ferida Ai la lelo ai lalala Pastora que vas co gando ¿Onde vas tan pensativa? Ó baixalo monte... Que esa ferida que eu teño Non a daría por nada I o que ten unha moeda Non sabe onde guardala. Non sabe onde guardala Ai la lelo ai lalala Que esa ferida que eu teño Non a daría por nada Ó baixalo monte...