Moi ben canta, moi ben canta Esta miña gharghantiña. Inda cantaba millore Se bebera unha fechiña. Inda cantaba millore Se bebera unha fechiña. Dame unha fecha de viño Para mollar a gharghanta. Cantarei coma unha rula, Verás como a rula canta. Cantarei coma unha rula, Verás como a rula canta. E túa nai, e túa nai ten a sona De borracha, larpeira e ghorxona. E teu pai, e teu pai tamén tenhe De borracho e larpeiro tamenhe. María ___ Pola mañán cando serre Láva-la cara comigo, Augha fría ten a neve. Láva-la cara comigo, Augha fría ten a neve. Non me ghusta o viño tinto Nin a caña do Ribeiro. Non me ghusta estar casado Nin tampouco estar solteiro. Non me ghusta estar casado Nin tampouco estar solteiro. E túa nai, e túa nai ten a sona De borracha, larpeira e ghorxona. E teu pai, e teu pai tamén tenhe De borracho e larpeiro tamenhe. ... Dáme viño, dáme viño. Que xa me vou para o mare. Dáme viño, dáme viño, Que aghua teño a fartare. Dáme viño, dáme viño, Que aghua teño a fartare. E túa nai, e túa nai ten a sona De borracha, larpeira e ghorxona. E teu pai, e teu pai tamén tenhe De borracho e larpeiro tamenhe. E teu pai, e teu pai tamén tenhe De borracho e larpeiro tamenhe.