Vouvos contar unha historia.
Vouvos contar unha historia
Que pasaron dous galegos
Que emigraron para Cuba.
Que emigraron para Cuba
Pra poder gañar un peso.
Un barco en Vigo, i en trinta días
Pisaron terra deixando atrás a familia.
E cando chegaron ata a illa
Asubiaron esta melodía.
...
Alá foron os dous xuntos.
Alá foron os dous xuntos
Para buscar un traballo.
O primeiro foi taxista,
E logo sindicalista da fábrica de tabacos.
E o segundo montou negocio.
Fíxose rico traballando pouco e pouco.
E cando lles entraba a morriña,
Canturuxaban esta cantiguiña:
"Na Habana, na Habana,
Na Habana fai calor.
No Incio, no Incio,
Un frío que nin Dios".
...
Pero...
Polo ano cincuenta e nove,
Polo ano cincuenta e nove,
Derrotaron a Batista.
Entrou o Che polas rúas,
Entrou o Che polas rúas.
Revolusión Socialista.
I o sindicado, que era de esquerdas,
Saíu á rúa, mandou ós iankis á merda.
E cando marchaba coa guerrilla
Entoaban esta melodía:
"Na Habana, na Habana,
Na Habana fai calor.
No Incio, no Incio,
Un frío que nin Dios".
Marchen!
...
O outro voltou pra casa,
Derrotado, sen herdanza,
I atopou a dictadura.
E corenta anos de atraso,
Corenta anos de atraso,
Corenta anos de tristura.
I aínda que os tempos
Non son chegados,
Case podemos dicir todo o que pensamos.
Pero aínda queda algunha vila
Na que se oe esta estremonía:
"Na Habana, na Habana,
Teñen un dictador.
Na terra, fascistas,
Caciques e ladróns.
Na Habana, na Habana,
Teñen un dictador.
Na terra, fascistas,
Caciques e ladróns".
...
"Na Habana, na Habana,
Teñen un dictador.
Na terra, fascistas,
Caciques e ladróns".
Поcмотреть все песни артиста