Cando o medo e o silencio falan pola mesma voz Non é o tempo dos heroes que carecen de valor Cando o amor se conxura con formas pronominais As ideas sempre fluen das palabras dos demais Entendo que se fai demasiado Imaxes dun tempo xa pasado Que acaban sendo vellos remendos no corazón A primavera deu contas di que o tempo vai e ven Se a neve tirou coas ramas coa chuvia van florecer E nun mixiño de soños no pestiño do verao E unha presada de rosas para ti na miña mao Quixera decir algo fermoso Que achara no teu peito repouso E escoitarnos falando un tempo co corazón Se na vida nada é certo Todo vai según se ve Eu quero mirarche os ollos Ir subido no teu tren Non me importa ser sinxelo Indo collidos da mao Sendo así non temos medo Paseniño e de vagar Lamento non estar ao teu lado No tempo que pasou de contado Se queres ser feliz conmigo esta vez non perdamolo tempo Colle a miña cintura meu ben e bailemos co vento Se queres ser feliz conmigo esta vez non perdamolo tempo Colle a miña cintura meu ben e bailemos con xeito Se queres ser feliz conmigo esta vez non perdamolo tempo Colle a miña cintura meu ben e bailemos co vento Se queres ser feliz conmigo outra vez non perdamolo tempo Colle a miña cintura meu ben e bailemos con xeito